lunes, 22 de noviembre de 2021

FOMENTANDO O USO DO GALEGO NA ESCOLA!

O alumnado de 6º de Educación Primaria elaborou estes carteis para fomentar o uso do galego na escola. Noraboa por estes traballos!!










lunes, 15 de noviembre de 2021

MAGOSTO 2021

O pasado venres 12 de novembro a castañeira  Lucía visitou o CEIP Labaca para repartir moitas castañas e celebrar a festa tradicional do MAGOSTO. Ademais, no tempo de recreo, escoitamos e bailamos música tradicional galega. Foi moi divertido!










lunes, 1 de noviembre de 2021

MÓBILES DE SAMAÍN

Grazas familias e alumnado por colaborar na elaboración de móbiles de Samaín con materiais de refugallo. Unha idea orixinal que nos axuda a decorar reutilizando obxectos!!!












BODEGÓN E MURAL DE OUTONO

O alumnado de 1º, 2º e 3º de primaria elaborou este fermoso recuncho de outono para coñecer os produtos máis típicos desta época do ano. Elaboramos un mural con follas de cores, carteliños cos nomes dos froitos en galego e un refraneiro relacionado con esta estación.






CONCERTO DE "UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA"

 Música divertida e en galego para os máis pequenos! Un pracer contar no centro coa banda de UXÍA LAMBONA!