domingo, 15 de octubre de 2023

EXPOSICIÓN CABAZAS E ELEMENTOS OUTONO 2023

Para este Samaín e outono 2023 ofrecémosvos dúas propostas: exposición de cabazas e exposición de manualidades con elementos do outono. Ambas son voluntarias. Podedes decidir facer as dúas, unha delas... Sexa como sexa, agardamos con moita alegría e ilusión a vosa participación. Estamos desexando ver como voa a vosa imaxinación!

Podes traer as túas elaboracións o MARTES 31. No caso das cabazas, volverán de volta para a casa entre o xoves 2 e o venres 3 de novembro. As manualidades sobre o outono, permanecerán no centro.

Moitas grazas de antemán pola vosa colaboración!


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario