martes, 27 de junio de 2023

DONAS DE SÍ NO CEIP LABACA

     Unha mostra das actividade do Proxecto DONAS DE SÍ do curso 2022-2023.


-Actividade central do proxecto: RUEIRO DE MULLERES en A Coruña. 

Elabórase durante todo o segundo trimestre un ruerio da cidade de A Coruña con todas as rúas adicadas a mulleres que tiveron un papel relevante na nosa sociedade. Cada curso fai a réplica dunha placa dalgunha rúa da cidade e completa información sobre cada protagonista. Elabórase un libro con todos os traballos que se expón na biblioteca do centro. O estudo de cada muller parte da investigación de cada figura feminina nas aulas a través de medios informáticos, xornais, libros...







--Creación de marionetas con papel e cartón sobre mulleres galegas (Rosalía, Maruja Mallo…) para a realización de pequenas representacións improvisadas no recuncho de teatro da aula coa axuda dun pequeno teatro de títeres.




-  -Contacontos ilustrado sobre a figura de Maruja Mallo en 2º de EP. Esta actividade realizouse a partir do libro Meiga nova, metade anxo,metade marisco. Traballouse por grupos a lectura comprensiva do material e levouse a cabo un taller de lectura ilustrada coa axuda dun do autore do libro, así como  da ilustradora Tania. A continuación, a actividade conclúese cun taller de ilustración da figura de Maruja Mallo, guiado pola ilustradora. As ilustracións compoñeron logo una exposición das láminas no corredor.





--Traballo na aula de 2º e 3º sobre figuras femininas internacionais de importancia nos ámbitos da mediciña, educación e ciencia. Reártense ás alumnas e alumnos plantillas para cubrir con datos sobre a vida personal e profesional desas mulleres, previo traballo de búsqueda de información.





-Os cursos de 1º e 2º traballaron os libros de Os Bolechas pola igualdade.  Fixéronse talleres de lectura individual e compartida nas aulas, así como actividades de contacontos sobre o libro, usando micrófono e outros recursos que fomentan a boa oratoria como o programa Audacity. Despois, por grupos, levaronse a cabo actividades sobre o libro tales como sopas de letras, laberintos, actividades de reflexión sobre a lectura, pintura de debuxos…




-  Traballo de investigación elaborado polos alumnos e alumnas de 4º de E.P. sobre Isabel Zendal. Realízase un mural con fotos, debuxos e información relevante na propia aula.




No hay comentarios:

Publicar un comentario